consumo_logo _existo?¿

doDemo é un humilde proxecto de creación e recreación

sexta-feira, maio 26, 2006

e-correio II

Xa temos compañeiros de viaxe, achegáronos polo e-correio unhas fotos cunhas mostras para saber se camiñaban polo bo camiño, Obrigado¡¡¡¡¡ So recordar que a recepción de xeo é entre as 12 e 12:30 da maña do sábado día 3 de Xuño, quedades convidados, o fin no cuarto mundo todos somos doDemo.

e-correio

terça-feira, maio 16, 2006

merca

doDemo

consumo_logo_existo?¿

Acción artística. Lugar: Boiro (A Coruña)
Data: 03/06/06 Hora:10 da mañá.

Despois dun longo período de xestación doDemo salta a rúa, tres membros do grupo formaran parte da Acción “consumo logo existo?¿”, que desenrolará o sábado 3 en Boiro (A Coruña). Gustamos da túa participación, axúdanos a encher o carro da compra, con produtos de consumo, pero formados unicamente de auga en estado sólido (xeado), sérvete do teu inxenio ou simplemente saca os xeos do conxelador , nas túas mans está a nosa efémera identidade.

O punto de encontro será na porta do centro social de Boiro (esquina da rúa principal ca rúa poeta Manuel Maria) o sábado 3 de xuño entre as 12 e as 12:30 horas da mañá, publica esta mensaxe ou reenvía os teus coñecidos, o fin no cuarto mundo todos somos doDemo.

Obrigado.
Contacta dodemo@gmail.com